Decreto de Graciano

O Decreto de Graciano, obra de dereito canónico do monxe xurista e profesor de teoloxía Graciano.

O Decreto de Graciano (en latín Decretum Gratiani ou Concordia discordantium canonum,é unha obra pertencente ao dereito canónico que, como indica o seu título, trata de conciliar a totalidade das normas canónicas existentes desde séculos anteriores, moitas delas opostas entre si.[1] O seu autor foi o monxe xurista Graciano[2] que o redactou entre 1140 e 1142 e constitúe a primeira parte da colección de seis obras xurídicas canónicas coñecida como Corpus Iuris Canonici.[3]

O Decreto de Graciano representa un paso importante para a consolidación do Dereito da Igrexa católica na Alta e Baixa Idade Media. A obra, monumental na súa extensión, constitúe unha achega á unificación xurídica e trátase, por tanto, do froito da actividade doutrinal dun canonista e non dunha política lexislativa pontificia, camiño que viña sendo o máis utilizado ata entón para tal fin.[3]

A pesar de que o Decreto non foi promulgado oficialmente (aínda que, segundo a tradición medieval, sería aprobado polo Papa Eugenio III), alcanzou unha gran difusión na práctica, non só pola súa indubidable utilidade senón pola autoridade propia dos textos que recollía: canons pertencentes a concilios tanto ecuménicos como locais, europeos, africanos ou asiáticos, así como textos das Sacras Escrituras, da Patrística e dalgunhas fontes romanas (na súa segunda versión). Alén disto, a obra foi comentada mediante glosas, destacando neste punto o labor do Papa Alexandre III.

  1. Friedrich Heyer, "Der Titel der Kanonessammlung Gratians" (O Título da Colección de Canons de Graciano).
  2. Terence McLaughlin, Summa parisiensis ad C., q., d. p. c. et C., q., c. de "Summa Parisiensis on the Decretum Gratiani" (Summae Parisiensis no Decreto de Graciano) de Toronto.
  3. 3,0 3,1 Enrique Gacto Fernández; Juan Antonio Alejandre García; José María García Marín. Manual Básico de Historia del Derecho - Temas y antología de textos. Lasex, SL. 2006. Páxinas 166-167.

Developed by StudentB